martes, 11 de diciembre de 2012

"A túa vella bicicleta vale un sorriso".

O Concello de Narón promove unha campaña de recollida de bicicletas usadas ,para que todos os nenos teñan o seu propio vehículo.
A idea pasa por recuperar bicicletas de segunda man,para ser repartidas posteriormente nos centros escolares do municipio de Narón.
Desde a administracción local recoñecese que a iniciativa xurde a raiz de contrastar que algúns alumnos non podían formar parte das das saidas programadas polo equipo de Educación Viaria do Concello.
Quen desexe participar nesta iniciativa,a recollida de bicicletas sera ata o vindeiro 21 de decembro nos colexios do termino municipal e ata o 28 de decembro no Axuntamento (horario de tarde).

No hay comentarios:

Publicar un comentario